lunes, 23 de diciembre de 2013

Reflexión final

Esta asignatura resultoume moi útil en xeral, xa que con ela aprendín como facer minuciosamente unha unidade didáctica, paso a paso, e aprendendo sobretodo como crear novos recursos para os nosos alumnos e como inicialos nun idioma estranxeiro.

A dinámica para as clases e o sistema de traballo polo profesor pareceume moi eficaz, xa que co blog e ca realización das tâches, obrígrache a levar todo o día, o que te axuda a reflexionar sobre os contidos que se dan no aula.
O único que cambiaría sería as horas B, xa que comparado co ano pasado estas eran menos amenas.

Sobre as tâches quero dicir que me pareceu un bo sistema de aprendizaxe. As tarefas en sí non son moi complicadas, o que resultoume máis dificil era atopar actividades que cumpriran todos os requisitos que se esixían e sobretodo os problemas que tiven á hora de crear novos recursos xa que so atopaba impedimentos á hora se facelos.

Por último,quería opinar sobre o sistema de coavalación. Creo que é un sistema bastante subxectivo e que non todo o mundo tivo a puntuación merecida. Eu en particular estou bastante contenta cas notas dos meus compañeiros xa que creo que se corresponden ben co meu traballo realizado.
A vantaxa que lle miro á coavaliación é que así nós aprendemos a avaliar, posto que vai ser unha das principais cousas que teremos que facer continuamente na nosa profesión, por iso que é moi importante que sepamos facelo da mellor forma posible e o máis obxectivamente que poidamos.

En xeral a sensación que me levo desta asignatura é moi boa (aínda que da moito traballo), creo que aprendín bastante durante todo o curso e sobretodo cousas importante para o meu futuro profesional (cousa que non podo dicir doutras asignaturas).

E con esta reflexión final despídome do blog.

Au revoir! :)

viernes, 13 de diciembre de 2013

Tâche 5 «Évaluer»

Salut! C'est ma tâche 5, j'espère que vous aimez :)

Tâche 5 “Évaluer”
Despois de revisar as características da clase (Tâche 1); os obxectivos, contidos e capacidades (Tâche 2) e as actividades de expresión (Tâche 4) os sistemas de avaliación elixidos serán os seguintes.


ACTIVIDADE DE EXPRESIÓN ORAL 

a)      Tipos de avaliación a aplicar:
A avaliación consistirá nunha heteroavaliación xa que é o mestre quen avalía os alumnos.
Avaliarase a través da observación directa.
Mentres os alumnos realizan a actividade, o mestre irá observando aos nenos e apuntando na escala de estimación os resultados.

b)      Os criterios de avaliación:
-          Comprender as instrucións en francés.
-          Identificar as partes do corpo en francés.
-          Pronunciar dunha maneira correcta o vocabulario.
-          Nomear as partes do corpo.
-          Cantar a canción de benvida e despedida e realizar os xestos adecuados.

c)       As ferramentas de avaliación:
Para a avaliación de esta actividade utilizarase unha escala de estimación. Esta nos servirá para rexistrar as capacidades e destrezas acadadas polo alumno e a intensidade na cal maniféstanse.
Nome do alumno:                                                                                              Data:
                                                                         Frecuencia
Criterios
Sempre
As veces/ Con axuda
Nunca

Comprende as instrucións en francés.





Identifica as partes do corpo en francés.





Pronuncia dunha maneira correcta o vocabulario.





Nomea as partes do corpo.





Canta a canción de benvida e despedida e realiza os xestos adecuados.




*Marcar con X a casilla correspondente


d)      Os recursos e o tempo necesario para a avaliación da actividade:
-          Os recursos: só necesitarase a escala de estimación (unha por cada alumno).
-          O tempo necesario para cubrir a escala de estimación por alumno é de 3 minutos. Como son 23 alumnos, necesitaremos en total un tempo de 69 minutos.


ACTIVIDADE DE EXPRESIÓN ESCRITA
a)      Tipos de avaliación a aplicar:
A avaliación consistirá nunha heteroavaliación xa que é o mestre quen avalía os alumnos.
Avaliarase a través da observación directa.
Mentres os alumnos realizan a actividade, o mestre irá pasando polas mesas e facendo anotacións na folla de observación.

b)      Os criterios de avaliación:
-          Mostrar interese na lectura no conto.
-          Comprender o vocabulario empregado no conto.
-          Participar activamente e facer preguntas sobre o conto.
-          Estruturar a historia a partir de imaxes desordeadas.
-          Cantar a canción de benvida e despedida e realizar os xestos adecuados.

c)       As ferramentas de avaliación:
Para a avaliación de esta actividade utilizarase unha mestura entre unha escala de estimación e unha folla de observación.
A ferramenta elixida é esta xa que creo necesario o apunte de observacións na realización de esta actividade.
Nome do alumno:                                                                                                  Data:
Criterios
B
R
M
Observacións

Mostra interese na lectura no conto.






Comprende o vocabulario empregado no conto.






Participa activamente e fai preguntas sobre o conto.






Estrutura a historia a partir de imaxes desordeadas.






Canta a canción de benvida e despedida e realiza os xestos adecuados.





B= Bien                                R= Regular          M= Mal                               *Marcar con X a casilla correspondente


d)      Os recursos e o tempo necesario para a avaliación da actividade:
-          Os recursos: só necesitarase a folla de observación (unha por cada alumno).
-          O tempo necesario para cubrir a escala de estimación por alumno é de 5 minutos. Como son 23 alumnos, necesitaremos en total un tempo de 115 minutos.


RECURSOS PARA A ELABORACIÓN DA TAREFA
 
-          Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
-          Prezi do mestre: L'évaluation en cours de langue étrangère.


REFLEXIÓN

Para a organización desta tarefa seguín as instrucións dadas polo mestre. Despois repasei as características da miña clase, os obxectivos, contidos e capacidades que queríanse alcanzar e a revisión das actividades de expresión realizadas na tarefa anterior.

Unha vez repasadas, busquei os criterios que creía que correspondían cos obxectivos previstos, e elixín a ferramenta que consideraba mellor para a avaliación destas actividades.

A dificultade que atopei foi a  de encontrar uns criterios adecuados e sintetizalos a 5 criterios soamente.

O que máis aprendín con esta tarefa foi a competencia de avaliar ensinos de aprendizaxe e a coñecer máis ferramentas de avaliación.

En xeral, a tarefa resultoume interesante,xa que é necesario saber como avaliar aos nosos alumnos e facelo da mellor forma posible.